Logo NireBlog

NireBlog n'otres llingües: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|

Crea'l to Blog de baldreAlministrar Blog

¿Escaecisti la to contraseña?

Publicidá » Contautar

Crea'l to Blog de baldre

http://.nireblog.com

Carauterístiques

Tag » Blog: "ofalarnontencancelas" » Tag: "ata"

ADEUS METAMORFOSE

01-10-2008 »     Teño moita tristura e realmente síntome orfo politicamente, as últimas asembleas do BNG para votar as listas de delegados para apoiar ao "King" Quin foron para min o punto e final de complicidade coa organización   despois de tantos anos de convivencia, media vida, pero non podo convivir máis co resultado desa metamorfose na que [...]

A dereita xa fai das súas en Londres

28-05-2008 »     O flamante e novo alcalde de Londres Johnson cortará polo sano o gasóleo que a compañía estatal Petróleos de Venezuela (PDVSA) suministra por debaixo do prezo de mercado ao transporte público londinens acordado co alcalde anterior Ken "o roxo". Este aforro na factura do combustíbel  destinábase a sufraxar o transporte de ata 250.000 [...]

Nuclear non grazas?

29-10-2007 »     Xa levaban anos os científicos ao servizo do capital mentalizando ao persoal de que a enerxía nuclear non é tan fiera como a pintan. Agora coa desculpa de que é o único xeito de garantir o consumo enerxético do devorrador occidente, pero o que é máis importante o único xeito de [...]

Despedida

07-09-2007 » Decirvos que ata aproximadamente finais de setembro, primeiros de outubro non vades ter novas nosas. Por fín nos imos de vacacións. Período necesario para desconectar da realidade cotía. Un saúdo Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e o Trasno.

VENEZUELA

29-08-2007 »     Non serei eu que defenda as atitudes de Hugo Chávez que se está adentrando na tentación de convertirse nun ditador coas súas reformas. Pero si quero facer unha pequena reflexión do que está a pasar no continente americano en xeral.  Dentro da campaña en contra do presidente de Venezuela tamén existen [...]

Good bye Blair

28-06-2007 »   Vaia deus con el. (nunca mellor dito) Xa so falta Bush, que temos que esperar ata o 2008. De Bush e Aznar, pouco se podía esperar. Onde non hai non hai. Pero Blair, Blair foi unha grande decepción. Non sei como os laboristas o aturaron tanto tempo. De feito foi irse e subir [...]

Malos tempos

14-06-2007 »   Observando o panorama no que nos atopamos en Europa non podemos deixar de sentir certa preocupación polo futuro que se achega para os nosos fillos. Co imperio dos EE.UU. en decadencia, Europa non se atreve a ser o punto de referencia no mundo, a soster o liderado dos valores que [...]

CAPITALISMO DE ESTADO E EXCLAVITUDE

12-06-2007 »    En China, posíbel relevo do imperio, varias ducias de esclavos menores de idade son explotados e golpeados a morte nunha fábrica de ladrillos. Foron liberados estas últimas semanas pola policía da provincia de Shanxi. O peor de todo, é que era o fillo do secretario do Partido Comunista do pobo que explotaba a fábrica dende [...]

Interrupción embarazo en Suecia

08-05-2007 »     O lider do Partido Cristiano Demócrata propuxo autorizar as mulleres estranxeiras de abortar en Suecia, o ministro de asuntos sociais, Göran Hägglund, non para de recibir críticas dos membros do seu mesmo partido. Unha mobilización anacrónica nun país que dispón dunha lexislación sobre a interrupción do embarazo das máis liberais [...]

Resumo da política actual

28-04-2007 » Segundo as últimas novas que eu teño a ANV vai poder concurrir ás próximas eleccións munipais, probablemente neste mesmo momento algún dirixente do PP que esté de garda estará facendo estas declaracións: Grrrrrrrrrrr,arrrr,urrrrrrrrurrrrrrrr,brrr,grrr,grurrrrrrrrrr, ahrrrrrrrrrrrr,grrrrr,grrrrrrr,grrrrrrrrr,ahrrrrrgrrrrr,grruurrrrrrr, ahrrrrrrrrr,brrrrr,brrrggrrrrrrr,grrrrrrurrrrrrrrr,ahrrrrr,arhhhhr, arrrr,grhrrrrrrrr,,grrrrrrrrrr,ghrrrurrrrrrrr,brumrrrr,grurrrrrrrrrr, ahrrrrrrrrr,brrrrrrarrhhggrrrrr,arhhhhr.  E á volta da ponte oiremos  ó resto dos dirixentes do PP, a Federico é a todos [...]

O status do Sahara-Occidental

26-04-2007 »     O status do Sahara-Occidental faise esperar. O consello de seguridade da ONU debe arbitrar dúas proposicións inconciliábeis presentadas por Marocos e a Fronte Polisaria. Un tribunal d´EL Ayoun no Sahara-Occidental ocupado por Marrocos condenou o 17 de abril aos militantes dos dereitos do home Yahdkh Tarruz, Ameidan Luali e Bachri Ben [...]

A estrada de Santiago a Curtis

24-04-2007 »   Quero denunciar o mal estado no que se atopa o piso da estrada que vai de Compostela ata a autovía Coruña - Lugo, pasando por Curtis. Ben é certo que arranxaron os 20 quilómetros finais dos 65, pero os primeiros son un martirio para os amortigüadores do meu coche. Aínda que é [...]

GRASA HIDROXENADA

03-03-2007 »   Agora que existe a cruzada da ministra Salgado en contra da obesidade, quixera compartir con todos vos a miña cruzada en contra da grasa hidroxenada ou parcialmente hidroxenada.  A verdade é que non se fai moito fincapé nos perxuízos deste produto en ningunha campaña neste estado. Cando noutros coma Dinamarca obrigan [...]

Autómatas

31-01-2007 » Ás veces esquezo a gran influencia que a igrexa e a relixión ainda teñen na vida da xente, o poder que o clero exerce dende o púlpito cada domingo e como ainda hoxe son quen de gobernar dende alí con fíos invisibles a vida dunha poboación. Q. é con diferencia o [...]

Sen conexión

10-01-2007 » Hai xa uns días que temos problemas coa conexión a internet, pero agora está definitivamente caput, así que nos próximos oito/dez días esto estará pouco ou nada activo, sentímolo, pero por favor non nos abandonedes, e seguide a votar no concurso de feismo que parece que este mes está a [...]

Recomendacións de lectura do Trasno.

07-01-2007 » Libro: Marea negra. Editorial A nosa terra. Recomendo este libro porque foi un dos que mais me gustou dos que lin no seu día. Por que é unha fábula sobre a traxedia do prestige que tivemos en Galiza e que tranquilamente pode volver a pasar calquera día. Libro: O Trasno da [...]

As ideas políticas das vacas

16-12-2006 » Hai uns días recomendábamos a exposición Memorial da liberdade, no auditorio de Galiza, velaquí tedes unha das fotos que máis me impresionou. Recoñezo que non é impactante sen embargo eu non paro de darlle voltas á cabeza dende que a vín. Os homes da foto son membros da falanxe que [...]

Contautar | Quién somos | Nireblog Planet
NireBlog Multilingual Blogs