
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|
Características dos Blogues creados en Nireblog
Malia ter un sinxelo sistema de administración ten moitas posibilidade, estas son algunhas delas:
- Multiusuario
Un Blogue pode ser escrito por varios autores.
- Multilingüe
Nireblog esta traducido a varios idiomas e podes elixir o idioma do teu Blogue entre os que xa hai creados, se queres crear un noutro idioma ponte en contacto connosco e explicarémosche como se pode facer.
- Editor de textos:
Incluíuse un sinxelo editor de textos para poder escribir os teus Posts sen necesidade de saber linguaxe HTML
- Soporte para comentarios
Pódense Permitir / Bloquear comentarios
- Soporte para Trackbacks e Pingbacks:
Por defecto non están habilitados, pero pódense activar.
- Sistema de notificacións:
Pódense enviar notificacións de actualización a distintos servizos, Technorati, Pingomatic, ...
- Estilos visuais personalizables
Pódese elixir a aparencia do teu Blogue entre distintos deseños (máis de 20), ademais pódese crear cun sinxelo asistente o teu propio Estilo visual (Cores, imaxes, distribución)
- Importar Exportar Blogue
Podes importar o teu Blogue dende Blogger / Blogspot ou desde outro sistema se así nolo indicas, ademais podes exportar o teu Blogue creado en Nireblog
- Publicidade nos teus Blogues
O sistema está preparado para que poidas incluír publicidade en distintas partes do teu Blogue, por suposto esa publicidade deberala incluír ti e todo o que gañes será para ti
- O contido é propiedade do autor
Todo os textos serán propiedade dos seus autores en ningún caso de Nireblog e en calquera momento podes descargar o seu contido e borralo de Nireblog.