
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|
Blogs with Tag "aldea global"
beatrizgarrido cinthia-negretty-ccmf27 diegonieto fueradejuicio liliana-rivero-cmf18 tarija tierraalantre ximo88 xosimelide
Crea o teu Blogue Gratis22-09-2008 » Estes días, a multinacional Nestlé volve estar no punto de mira. Desta vez, quen apunta é a ONGD galega Amarante, que denuncia as condicións de miseria na que viven os produtores de café e de cacao que fornecen ao maior conglomerado industrial de Suíza, con medio milleiro de fábricas [...]
17-09-2008 » Tiña ganas de escribir algo máis sobre a filantropía empresarial da multinacional alemana do sector químico Bayer, que ten deixado legados tan egrexios para a humanidade como o campo de exterminio de Auschwitz, o Zyklon B ou o gas mostaza. Antes desa sacrificada voluntariedade a [...]
11-08-2008 » O texto que comparto con vós é do ensaísta, escritor e fillo adoptivo do mundo árabe, Santiago Alba Rico, extraído do seu libro Torres más altas (La Tapadera, Valencia), e leva por título Bomba. A ilustración intitulada A morte dun soño pertence á artista británica Paula Cox. Nacidas ambas nese [...]
06-08-2008 » Non hai moito, fun compartir unha churrascada con amigos e amigas á área recreativa de Furelos. Entre elas atopábase María, unha brillante científica que traballa na Misión Biolóxica de Galiza. Xa na sobremesa, co alcol aboiando nas pupilas de todos, María preguntounos que opinabamos dos transxénicos. Ela defendíaos sen reparos [...]
21-07-2008 » Hai uns días, atopei en Manual de lecturas rápidas para a supevivencia uns versos de Laura Giordani sobre os nenos mineiros que lle socavaron bágoas ao meu rostro de cotío pétreo. “Xenreira de verte fendendo nesa pulseada morte coa pedra, roubándolle rigor ata facerte fochanca, chaga. As túas mans moen, [...]
08-07-2008 » Non foi nin de Torres, nin de Arshavin, nin de Ibrahimovic, nin de Ballack. O gol máis espectacular, en plena efervescencia da Eurocopa, foi o que lle marcaron aos pobos de España os deputados do Congreso ao aprobar o Tratado de Lisboa por 322 votos a favor, 6 en contra [...]
19-06-2008 » Teño lido moitos libros sobre a globalización, mais ningún que me teña impresionado tanto nin que me teña amosado de xeito tan meridiano e transparente a maquinaria e os miolos do sistema económico e político xenocida que impera na terra dende hai un par de séculos. A min, Los nuevos [...]
03-06-2008 » Estes días ando a voltas con Los nuevos amos del mundo, de Jean Ziegler, un libro deses de magnitude 12 na escala de Richter que teñen a virtude de abanearte coma un monicreque para que espertes, de abrir os cinco dedos de cada liña para zorregarte labazadas de realidade. Literatura [...]
07-05-2008 » Son republicano. Que lle imos facer. Sono dende que, no bacharelato, estudiei o anacrónicas e intrinsecamente malignas que son as monarquías e dende que souben dos mirialitros de sangue que correron por Europa para sacarnos do corpo esas carrachas que nos veñen chuchando o sangue e mais os cartos dende [...]
Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog
Multilingual Blogs