
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|
23-07-2008 » O Día da Patria sempre foi data para que o nacionalismo galego saíra á rúa facéndose ver e simbolizando nesa xornada o traballo e a loita polos dereitos sociais e políticos do país. Mais coa chegada do nacionalismo oficial ao poder, hai agora tres anos, o autodeterminismo consciente e mesmo o nacionalismo [...]
22-07-2008 » Segundo vén de informar o colectivo en defensa dos animais “Libera!”, Galiza é o territorio do Estado Español máis “antitaurino”, estimando a porcentaxe de afección ás touradas nun 14%. Estas son a expresión máis criminal da tortura recreada para gozo e disfrute dos irracionais que aplauden a barbarie e o [...]
14-07-2008 » Achégase un ano máis o 25 de xullo, Día da Patria ou Día Nacional de Galiza. Como é habitual, o movemento nacionalista e independentista do país vai quecendo para a cita anual de movemento e renovación de esforzo e compromiso, cada un cos seus intereses. O “nacionalismo” oficial, no seo [...]
10-07-2008 » A praga de encoros que durante o franco-fraguismo invadíu o noso país, e que a Xunta do pacto non combatíu, encheu os nosos ríos de paredes de formigón que esnaquizaron a nosa paisaxe e produciron enerxía eléctrica a esgalla. Os beneficios encheron e enchen os petos das empresas concesionarias e [...]
09-07-2008 » Na segunda feira pasada asistimos a unha nova escenificación dese teatro da calma e da paz social que o Goberno Galego imaxina para o noso país. Onde non existen conflitos nin dificultades, onde as crises son desaceleracións e onde os discrepantes son intolerantes. O diálogo social entre os dous sindicatos [...]
07-07-2008 » Recibimos na nosa caixa de correos a nota que a seguir reproducimos de SOS Courel na que avisan dunha nova falcatruada imprudente, corrupta e criminal da Xunta. Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para [...]
03-07-2008 » De entre eses departamentos da Xunta que acotío xulgamos como continuístas –por empregar un cualificativo sinxelo- salientamos a absoluta ineficacia da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellaría de Presidencia. A súa titular, Marisol López, é sen dúbida unha das dirixentes máis incapaces e nefastas de cantas/os compoñen o [...]
02-07-2008 » A ofensiva imperialista española intensifícase por momentos. Se nas últimas semanas se valeron do trunfo do equipo da Federación Española de Fútbol no torneo europeo para multiplicar a habitual apoloxía tinguida de cualificativos doutros tempos, agora colle o relevo un manifesto redactado en Madrid co obxectivo primeiro de afogar un [...]
26-06-2008 » O PSOE comezou xa a precampaña para as vindeiras eleccións galegas do ano que vén. O seu lema di “Tres anos cambiando Galicia” e con el pretenden atinxir a vitoria en votos que lles permita seguira á fronte do Goberno con máis diferenza sobre un BNG que lles rouba unha [...]
20-06-2008 » Vimos de coñecer a terceira sentenza do TSXG en contra da instalación de Reganosa na súa actual ubicación, na Ría de Ferrol e no medio das casas dos veciños de Mugardos. O máis alto tribunal da Xustiza galega invalida as mudanzas que se fixeron nos usos dos terreos sobre os [...]
18-06-2008 » Nun artigo de Alberte Outeiro adiantabamos a situación do meirande concurso eólico de Europa, o galego. Co prazo para presentar os proxectos pechado, coñecemos unha operación estratéxica xa anunciada e que podería dar para moito falar. Os empresarios galegos Jove (ex – presidente de Fadesa), Jacinto Rey (dono da construtora [...]
17-06-2008 » Hoxe coñecíanse os datos dunha nova enquisa publicitaria que o INE elabora e precociña habitualmente atendendo xeralmente aos intereses do Estado. A afirmación non é gratuitamente crítica xa que ben coñecido é que a elaboración deste tipo de inquéritos pódese acomodar en función do resultado final que se procure. Feita [...]
16-06-2008 » A globalidade na que estamos inmersos permítenos coñecer ao momento feitos que acontecen, se cadra preto de nós, pero que por teren carácter de “anécdota local” non sobrepasarían a esa fronteira para converterse en algo de comentario xeral. De novo, a nosa lingua recibe un outro ataque máis desa caste [...]
14-06-2008 » A resposta social á situación que o capitalismo mundial nos abocou, chamada crise económica, adoptou esta pasada semana a forma de folga. En distintos sectores, como o do trasnsporte ou o pesqueiro, pero co apoio xeral e a comprensión da maioría da sociedade. En só uns días, a unión dos [...]
07-06-2008 » Vimos repetindo dende fai días, sen facer máis ca expresar o sentir da sociedade, que a situación achégase a un punto de insostibilidade que lle pode dar carácter de imprevisíbel aos acontecementos. A crise pode derivar en ninguén sabe ben qué. As folga do transporte, o amarre da flota, o [...]
05-06-2008 » Un dos conflitos que seguen vivos no país é o de Serrabal. Hoxe vivimos un novo capítulo de resistencia de traballadores en defensa dos seus postos de traballo. Esta mesma mañá, un cento de traballadores concentrábanse en Boqueixón para impedir o acceso dos técnicos do ADIF (de novo o organismo [...]
26-05-2008 » Corremos o risco de parecer un xornal de manifestacións cando os luns contamos as mobilizacións que cada fin de semana saen ás rúas do país para reclamar ou defender causas xustas e necesarias. Hoxe non ía ser menos. Onte máis de oito mil persoas percorreron Vigo contra os planos que [...]
23-05-2008 » Como anunciabamos, bota a andar Terras de Caldas. E faino dando conta doutro conflito laboral dos que se prevén moitos coa chamada "crise", froito e responsabilidade unicamente do sistema neoliberal e ultracapitalista ao que estamos sometidos. Cedonosa é unha empresa instalada en Catoira dende hai máis de medio século que [...]
19-05-2008 » O pobo galego non se vai render tan facilmente fronte ás imposicións externas nin fronte ás incopentencias internas. O día de onte lembrounos moito a aquel 17 de febreiro no que saímos á rúa en defensa da nosa terra. O motivo onte era o noso ben inmaterial máis prezado: a [...]
16-05-2008 » Lonxe dos actos publicitarios que o Día das Letras Galegas lles inspira aos nosos gobernantes, o vindeiro domingo o pobo galego vai saír á rúa en defensa da súa lingua. En defensa dos seus dereitos, POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO! Será ás doce da mañá na Alameda da Capital [...]
Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog
Multilingual Blogs


Crea o teu Blogue Gratis