Logo NireBlog

NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|

Crea o teu Blogue GratisAdministrar Blogue

¿Esqueciches a túa Contrasinal?

Publicidade » Contactar

Crea o teu Blogue Gratis

http://.nireblog.com

Características

Tag » Blogue: "augasceives" » Tag: "social"

SOBERANÍA NACIONAL

23-07-2008 »    O Día da Patria sempre foi data para que o nacionalismo galego saíra á rúa facéndose ver e simbolizando nesa xornada o traballo e a loita polos dereitos sociais e políticos do país. Mais coa chegada do nacionalismo oficial ao poder, hai agora tres anos, o autodeterminismo consciente e mesmo o nacionalismo [...]

PAREMOS A BARBARIE!!

22-07-2008 » Segundo vén de informar o colectivo en defensa dos animais “Libera!”, Galiza é o territorio do Estado Español máis “antitaurino”, estimando a porcentaxe de afección ás touradas nun 14%. Estas son a expresión máis criminal da tortura recreada para gozo e disfrute dos irracionais que aplauden a barbarie e o [...]

DÍA DA PATRIA: AUTODETERMINACIÓN OU ESTRELAS AZUIS

14-07-2008 » Achégase un ano máis o 25 de xullo, Día da Patria ou Día Nacional de Galiza. Como é habitual, o movemento nacionalista e independentista do país vai quecendo para a cita anual de movemento e renovación de esforzo e compromiso, cada un cos seus intereses. O “nacionalismo” oficial, no seo [...]

OUTRO XOGUETE ROTO

14-07-2008 » Os movementos do capital descabezaban hai pouco máis dun ano a unha das potencias inmobiliarias galegas. Un poderoso empresario madrileño mercaba Fadesa e pouco a pouco ía levándoa deixando no camiño numerosos postos de traballo. A infame ambición fixo inchar un diaño insostíbel que conqueríu grandes dimensións en pouco tempo. [...]

DECRETO IMPERIALISTA

10-07-2008 » A praga de encoros que durante o franco-fraguismo invadíu o noso país, e que a Xunta do pacto non combatíu, encheu os nosos ríos de paredes de formigón que esnaquizaron a nosa paisaxe e produciron enerxía eléctrica a esgalla. Os beneficios encheron e enchen os petos das empresas concesionarias e [...]

AS POLÍTICAS SOCIAIS DUN GOBERNO DE ESQUERDAS

09-07-2008 » Na segunda feira pasada asistimos a unha nova escenificación dese teatro da calma e da paz social que o Goberno Galego imaxina para o noso país. Onde non existen conflitos nin dificultades, onde as crises son desaceleracións e onde os discrepantes son intolerantes. O diálogo social entre os dous sindicatos [...]

SEMENTAN INCENDIOS NO COUREL

07-07-2008 » Recibimos na nosa caixa de correos a nota que a seguir reproducimos de SOS Courel na que avisan dunha nova falcatruada imprudente, corrupta e criminal da Xunta.   Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para [...]

A S.X.P.L. DEBE DEMITIR

03-07-2008 » De entre eses departamentos da Xunta que acotío xulgamos como continuístas –por empregar un cualificativo sinxelo- salientamos a absoluta ineficacia da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellaría de Presidencia. A súa titular, Marisol López, é sen dúbida unha das dirixentes máis incapaces e nefastas de cantas/os compoñen o [...]

OSCAR PEREIRO DANOS AS COSTAS E POSICIÓNASE CONTRA O GALEGO

02-07-2008 » A ofensiva imperialista española intensifícase por momentos. Se nas últimas semanas se valeron do trunfo do equipo da Federación Española de Fútbol no torneo europeo para multiplicar a habitual apoloxía tinguida de cualificativos doutros tempos, agora colle o relevo un manifesto redactado en Madrid co obxectivo primeiro de afogar un [...]

A XUNTA PROMOCIONA AS NOSAS CARENCIAS

26-06-2008 » O PSOE comezou xa a precampaña para as vindeiras eleccións galegas do ano que vén. O seu lema di “Tres anos cambiando Galicia” e con el pretenden atinxir a vitoria en votos que lles permita seguira á fronte do Goberno con máis diferenza sobre un BNG que lles rouba unha [...]

REGANOSA É ILEGAL (TERCEIRA SENTENZA)

20-06-2008 » Vimos de coñecer a terceira sentenza do TSXG en contra da instalación de Reganosa na súa actual ubicación, na Ría de Ferrol e no medio das casas dos veciños de Mugardos. O máis alto tribunal da Xustiza galega invalida as mudanzas que se fixeron nos usos dos terreos sobre os [...]

EÓLICO: O GRAN NEGOCIO ...DO BNG!

18-06-2008 » Nun artigo de Alberte Outeiro adiantabamos a situación do meirande concurso eólico de Europa, o galego. Co prazo para presentar os proxectos pechado, coñecemos unha operación estratéxica xa anunciada e que podería dar para moito falar. Os empresarios galegos Jove (ex – presidente de Fadesa), Jacinto Rey (dono da construtora [...]

QUE NOS EXPLIQUEN O DA 'UNIDADE DE ESPAÑA'

17-06-2008 » Hoxe coñecíanse os datos dunha nova enquisa publicitaria que o INE elabora e precociña habitualmente atendendo xeralmente aos intereses do Estado. A afirmación non é gratuitamente crítica xa que ben coñecido é que a elaboración deste tipo de inquéritos pódese acomodar en función do resultado final que se procure. Feita [...]

DAS SAGRADAS ESCRITURAS

16-06-2008 » A globalidade na que estamos inmersos permítenos coñecer ao momento feitos que acontecen, se cadra preto de nós, pero que por teren carácter de “anécdota local” non sobrepasarían a esa fronteira para converterse en algo de comentario xeral. De novo, a nosa lingua recibe un outro ataque máis desa caste [...]

A RECEITA DOS "SOCIALISTAS OBREROS ESPAÑOLES"

14-06-2008 » A resposta social á situación que o capitalismo mundial nos abocou, chamada crise económica, adoptou esta pasada semana a forma de folga. En distintos sectores, como o do trasnsporte ou o pesqueiro, pero co apoio xeral e a comprensión da maioría da sociedade. En só uns días, a unión dos [...]

PASIVIDADE, VIOLENCIA, CAOS.

07-06-2008 » Vimos repetindo dende fai días, sen facer máis ca expresar o sentir da sociedade, que a situación achégase a un punto de insostibilidade que lle pode dar carácter de imprevisíbel aos acontecementos. A crise pode derivar en ninguén sabe ben qué. As folga do transporte, o amarre da flota, o [...]

OS TRABALLADORES DE SERRABAL DEFÉNDENSE

05-06-2008 » Un dos conflitos que seguen vivos no país é o de Serrabal. Hoxe vivimos un novo capítulo de resistencia de traballadores en defensa dos seus postos de traballo. Esta mesma mañá, un cento de traballadores concentrábanse en Boqueixón para impedir o acceso dos técnicos do ADIF (de novo o organismo [...]

A LOITA POLA SUPERVIVENCIA

04-06-2008 » O sector pesqueiro organízase para defender a súa supervivencia. A unión é total e logo da manifestación do pasado venres en Madrid, as mobilizacións continuarán nos vindeiros días e as medidas de presión non se han facer agardar. Hoxe mesmo, mariñeiros de toda Europa protestaron en Bruxelas pola delicada situación [...]

MARIÑEIROS A TERRA

31-05-2008 » Máis de 10.000 mariñeiros de todo o Estado Español manifestáronse onte diante das dependencias do Ministerio de Medio Mariño en Madrid. Por enriba dun terzo deses eran galegos, o que da unha idea do peso específico do noso sector non só para o noso país senón a nivel estatal. A [...]

OS ENTRESIXOS DO SISTEMA

27-05-2008 » Das redes do sistema saen ás veces datos que nos refregan a realidade polos nosos fuciños. Hoxe mesmo puidemos coñecer algúns datos financeiros do “tripartito do Horreo” e o endebedamento coas dúas principais entidades bancarias galegas.   PSOE, PP, BNG, Caixanova, Caixa Galicia e uns cantos empresarios máis (coas súas respectivas entidades) [...]

Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog Multilingual Blogs