Logo NireBlog

NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|

Crea o teu Blogue GratisAdministrar Blogue

¿Esqueciches a túa Contrasinal?

Publicidade » Contactar

Crea o teu Blogue Gratis

http://.nireblog.com

Características

Tag » Blogue: "augasceives" » Tag: "xunta"

ENTRE O COMPROMISO E OS INTERESES

05-09-2008 » Son innegábeis as discrepancias internas no seo do BNG. Proba disto é o nacemento de diversos movementos autoorganizados e o asentamento de correntes non concordantes coas teses oficiais. A última evidencia é o acontecido nas últimas horas coas declaracións do deputado Bieito Lobeira e as posteriores rectificacións de Anxo Quintana [...]

...SE É PRECISO, DIANTE DAS MÁQUINAS!

02-09-2008 » A asociación ecoloxista ADEGA e mailas diversas plataformas en defensa do litoral afectadas pola pandemia de piscifactorías que o Plano Acuícola da Xunta vai espallar anunciaron que van denunciar perante a Unión Europea o devandito plano. Consideran que vai ser a segunda maior agresión contra as costas galegas –logo da [...]

DECRETO IMPERIALISTA

10-07-2008 » A praga de encoros que durante o franco-fraguismo invadíu o noso país, e que a Xunta do pacto non combatíu, encheu os nosos ríos de paredes de formigón que esnaquizaron a nosa paisaxe e produciron enerxía eléctrica a esgalla. Os beneficios encheron e enchen os petos das empresas concesionarias e [...]

INFORME DO VENTO EN GALIZA

10-06-2008 » Alberte Outeiro presenta un detallado informe arredor da situación actual no sector eólico en Galiza. A Consellaría de Innovación e Industria vai sacar a concurso a maior convocatoria de megavatios endexamais coñecida en todo o Estado Español. Sombras como a da especulación ou a afectación ao medio non se afastan [...]

PASIVIDADE, VIOLENCIA, CAOS.

07-06-2008 » Vimos repetindo dende fai días, sen facer máis ca expresar o sentir da sociedade, que a situación achégase a un punto de insostibilidade que lle pode dar carácter de imprevisíbel aos acontecementos. A crise pode derivar en ninguén sabe ben qué. As folga do transporte, o amarre da flota, o [...]

18 DE MAIO

16-05-2008 » Lonxe dos actos publicitarios que o Día das Letras Galegas lles inspira aos nosos gobernantes, o vindeiro domingo o pobo galego vai saír á rúa en defensa da súa lingua. En defensa dos seus dereitos, POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO! Será ás doce da mañá na Alameda da Capital [...]

LEMBRANDO AOS MÁRTIRES DE CARRAL: A HISTORIA QUE NON NOS CONTARON

26-04-2008 » O mes de abril está cheo de datas a conmemorar no almanaque galego. Vennos á mente o día 25, no que lembramos a Revoluçao dos Cravos coa que o pobo portugués se desfacía da Ditadura de Salazar. Esta é unha data que vemos moito máis próxima ca outras impostas dende [...]

OS EFECTOS DA COLONIZACIÓN

23-04-2008 » Hai ano e medio a estrutura empresarial e económica galega sufríu un importante golpe chegado dendo onde adoitan chegar as malas novas para os nosos dereitos socioeconómicos: Madrid. Jove, o presidente de Fadesa vendíalle parte da inmobiliaria a un dos grandes "capos" do empresariado español: Fernando Martín.   A empresa galega, con sede [...]

O PODER DO CUARTO DO PODER

14-04-2008 » Non é a primeira vez que nos referimos á relación entre o poder e os principais medios de comunicación empresariais, sendo protagonista nesa relación as inxentes subvencións que estes reciben a cambio dun suposto uso do galego. Hoxe o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta contestou no Parlamento Galego a [...]

A MATANZA DO COUREL

10-04-2008 » A plataforma SOS Courel remítenos dúas mostras gráficas do que está a acontecer nun dos conflitos de máis latexar arestora no noso país. A destrución da Serra do Courel protagoniza dúas reportaxes do programa ambientalista "El escarabajo verde", da televisión pública española. Son dúas mostras da realidade social á que [...]

A RELACIÓN DOS MEDIOS SUBVENCIONADOS E O PODER

30-01-2008 » Rexístranse movementos no Parlamento Galego. Entre as políticas que o bipartito gobernante decidíu prorrogar, herdadas da etapa fraguista, está a de mercar escandalosamente o favor e a fidelidade dos medios de comunicación. Sáltanse todos os criterios legais que regulan a concesión de axudas públicas a empresas de "comunicación" e subvencionan con cantidades [...]

Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog Multilingual Blogs