
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|an|ga|tr|
ao biblioteca boa cada dia cambios cami cartel ciclo de contos club dos contos voadores conductor conto contos contos nos recreos cores desfase deste documental elba exposiciÓns temÁticas exposición infantil investigar las lectura lecturas lecturas na biblioteca lobo marga meninas natalia nenas nosa noso o noso amigo cami onte organizaciÓn da biblioteca outras actividades de animaci paz proxecto proxectos documentais quen ratos reais recreo reformas educativas teatro tempo todos os unha vosa
03-11-2008 » Ola a tod@s! Fai algúns días, as nenas e nenos de primeiro saímos da aula para facer unha visita a un lugar moi especial: a nosa biblioteca. Alí, non só vimos a cantidade de cousas que podemos facer e a morea de libros cos que podemos traballar senón que tamén se nos [...]
30-10-2008 » Onte foi un día moi especial, os corredores da planta baixa enchéronse de algarabía e rebumbio entre as tres e media e catro da tarde, xa que estabamos a piques de celebrar unha nova edición do ciclo de Contos. A esa hora todas e todos tiñamos decidido o conto que máis [...]
22-10-2008 » Onte na biblioteca leuse o conto Anamanana. Esta narración é unha lenda galega sobre os maleficios que sufriu un home por ter faltado a un trato. Recordades o conto? Quen era Anamanana? Como acabou? Escribide as vosas respostas asinadas por detrás e depositádeas no buzón da biblioteca. Quen sabe?, ao mellor recibides un agasallo.
15-10-2008 » Non é fácil describir con palabras a impresión que nos causou o conto da Cincenta que fixo Ana García Quintela o curso pasado. Esta rapaza, alumna de 4º da ESO do noso cole deixounos totalmente abraiadas a medida que ibamos abrindo o conto, desplegando ventás e colocando todos os elementos dese [...]
15-10-2008 » Non sei se xa líchedes nos xornais que os chineses queren pisar a Lúa antes do 2017... pero o que aínda non sabedes é que os alumnos de 1º da ESO de Boimorto pode que cheguen moito antes... Non queremos dar moitas pistas, pero antes de que remate o curso, os [...]
15-10-2008 » Esta semana Concha contounos Que contan as ovellas para durmir?. Queremos saber se aínda recordades a historia da ovella Bee. Farémosvos logo unhas preguntas que desexamos que contestedes deixando algún comentario ou nos vindeiros días na hora do recreo na biblioteca. Estas son as preguntas: 1.- Cantos anos tiña Bee? 2.- Que meteu Bee nos [...]
09-10-2008 » Graciñas pola vosa implicación. A dinamización do conto de hoxe no que as nenas e os nenos de primeiro acompañados por Belén provocou un gran interese e trouxo moitos porcos ao cole de Boimorto. Magnífico conto para traballar e reflexionar sobre o papel da muller na nosa sociedade. Noraboa
08-10-2008 » Como ben sabedes os contos da biblioteca na hora do recreo de infantil e primaria fan que subamos á biblioteca con ganas de escoitar un conto novo cada día. Este curso os contadores de contos son fixos: LUNS: NATALIA MARTES: CONCHA MÉRCORES: FRAN XOVES: BELÉN VENRES: MARGA Hoxe, día 8 de outubro Ari, Eva, Alex, Dani, Vanesa [...]
07-10-2008 » Este curso empezaron os contos da biblioteca o día 1 de outubro. Ese día Fran foi polas clases tocando a flauta e acompañado por nenas e nenos disfrazados de ratos invitou a todos a escoitar o conto do Flautista de Hamelín. O día 2 Belén contounos o conto Moncho e a [...]
06-10-2008 » Ola a todas e a todos, como vedes xa estamos de volta no noso blog da biblioteca. Lembrámosvos que neste espazo pretendemos recoller todas as actividades e proxectos que de algun modo fomentan e dinamizan a lectura no noso centro. Desexamos a vosa participación, polo que vos invitamos a que fagades os [...]
Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog
Multilingual Blogs
