22-10-2008 » Onte na biblioteca leuse o conto Anamanana.
Esta narración é unha lenda galega sobre os maleficios que sufriu un home por ter faltado a un trato.
Recordades o conto?
Quen era Anamanana?
Como acabou?
Escribide as vosas respostas asinadas por detrás e depositádeas no buzón da biblioteca. Quen sabe?, ao mellor recibides un agasallo.
24-04-2008 » O club dos contos voadores é outra proposta de dinamización e fomento da lectura que puxemos en marcha a mediados de abril e que esperamos continuar de agora en adiante.
Comezamos co conto Nube de cores de Agustín Fernández Paz, e en canto o deixamos a disposición das nenas e dos [...]