Logo NireBlog

NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|an|ga|tr|

Crea o teu Blogue GratisAdministrar Blogue

¿Esqueciches a túa Contrasinal?

Tag » Blogue: "aventurasnabiblioteca" » Tag: "contos nos recreos"

Anamanana

22-10-2008 » Onte na biblioteca leuse o conto Anamanana. Esta narración é unha lenda galega sobre os maleficios que sufriu un home por ter faltado a un trato. Recordades o conto? Quen era Anamanana? Como acabou? Escribide as vosas respostas asinadas por detrás e depositádeas no buzón da biblioteca. Quen sabe?, ao mellor recibides un agasallo.

A Cincenta na biblioteca

15-10-2008 » Non é fácil describir con palabras a impresión que nos causou o conto da Cincenta que fixo Ana García Quintela o curso pasado. Esta rapaza, alumna de 4º da ESO do noso cole deixounos totalmente abraiadas a medida que ibamos abrindo o conto, desplegando ventás e colocando todos os elementos dese [...]

Que contan as ovellas para durmir?

15-10-2008 » Esta semana Concha contounos Que contan as ovellas para durmir?. Queremos saber se aínda recordades a historia da ovella Bee. Farémosvos logo unhas preguntas que desexamos que contestedes deixando algún comentario ou nos vindeiros días na hora do recreo na biblioteca. Estas son as preguntas: 1.- Cantos anos tiña Bee? 2.- Que meteu Bee nos [...]

Cada día un conto

08-10-2008 » Como ben sabedes os contos da biblioteca na hora do recreo de infantil e primaria fan que subamos á biblioteca con ganas de escoitar un conto novo cada día. Este curso os contadores de contos son fixos: LUNS: NATALIA MARTES: CONCHA MÉRCORES: FRAN XOVES: BELÉN VENRES: MARGA Hoxe, día 8 de outubro Ari, Eva, Alex, Dani, Vanesa [...]

Os contacontos volven á biblioteca

07-10-2008 » Este curso empezaron os contos da biblioteca o día 1 de outubro. Ese día Fran foi polas clases tocando a flauta e acompañado por nenas e nenos disfrazados de ratos invitou a todos a escoitar o conto do Flautista de Hamelín. O día 2 Belén contounos o conto Moncho e a [...]

Queres xogar con nós?

22-05-2008 » Axúdanos a descubrir os erros do conto que escoitamos hoxe. Esperamos os vosos comentarios. Vaia carreira, vaia carreira!... O caso é que hoxe na clase de 1º as nenas e os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria tiveron a oportunidade de difrutar dunha sesión de contacontos grazas ao ofrecemento da [...]

"El loro pelado"

09-05-2008 » Como todos os venres, na hora de recreo de secundaria, esta vez o alumnado de 1º de ESO con María ao frente, volveron a deleitarnos coa dramatización do conto "El loro pelado". Destacar a boa actuación de todo o grupo que participou, en especial a de Sergio, que controlou as ganas de [...]

lectura dramatizada

30-04-2008 » Hoxe na biblioteca, durtante o recreo de secundaria houbo unha lectura dramatizada do relato curto de I. Martínez de Pisón "La muerte mientras tanto". Navia, Bárbara, Vanesa, Fátima, Ana e Iria ( rapazas de 4º da ESO) quixeron transportarnos a unha atmósfera de intriga baixo a dirección de María e a colaboración [...]

Thalía conta un conto

25-04-2008 » Hoxe Thalía foi a invitada especial do venres e contounos un fermoso conto. Cada venres temos unha persoa especial no recreo de infantil e primaria. Por aquí pasaron xa profes de secundaria como Teresa ou Begoña Babío e rapazas e rapaces de diferentes grupos. Dende aquí queremos agradecer a vosa participación e a invitar [...]

OS CONTOS DO RECREO

24-04-2008 » Todos os días, na biblioteca do centro, hai un contacontos que dura entre cinco e dez minutos. Esta actividade, na que está implicada a maior parte do profesorado de primaria, vai dirixida aos máis pequenos e lles permite combinar varias actividades no seu tempo de lecer. Se queredes visionar os horarios e [...]

Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog Multilingual Blogs