30-10-2008 » Onte foi un día moi especial, os corredores da planta baixa enchéronse de algarabía e rebumbio entre as tres e media e catro da tarde, xa que estabamos a piques de celebrar unha nova edición do ciclo de Contos.
A esa hora todas e todos tiñamos decidido o conto que máis [...]
22-10-2008 » Onte na biblioteca leuse o conto Anamanana.
Esta narración é unha lenda galega sobre os maleficios que sufriu un home por ter faltado a un trato.
Recordades o conto?
Quen era Anamanana?
Como acabou?
Escribide as vosas respostas asinadas por detrás e depositádeas no buzón da biblioteca. Quen sabe?, ao mellor recibides un agasallo.
30-04-2008 » Hoxe na biblioteca, durtante o recreo de secundaria houbo unha lectura dramatizada do relato curto de I. Martínez de Pisón "La muerte mientras tanto". Navia, Bárbara, Vanesa, Fátima, Ana e Iria ( rapazas de 4º da ESO) quixeron transportarnos a unha atmósfera de intriga baixo a dirección de María e a colaboración [...]