
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|
01-10-2007 » Como todos e todas xa seguramente sabedes saíu a semana pasada un xornal novo á rúa, chámase público. Debo confesar que merquei os seis primeiro números, máis que nada porque daban seis pelis moi interesantes por so 50 céntimos. Un xornal que prometía moito, máis que nada porque os medio xa se encargaron de [...]
27-09-2007 » Cambiou o goberno pero na TVG seguemos a ver determinadas cousas que a mín persoalmente me preocupan bastante. Por unha banda a súa patética programación, probabelmente feita a base de amiguismo con produtoras patéticas (que por certo se están a forrar) que o único que fan e "copiar e pegar" formatos de [...]
14-07-2007 » Non sei se vístedes no galicia hoxe o acertado titular onde está wally? da nova na que Touriño ningunea aos do BNG na visita de Zapatero e cinco ministro a un buque de investigación en Vigo. Nembargantes grazas á persistencia de Losada puideron acudir ao acto in estremis Quin e o conselleiro de [...]
24-04-2007 » Quero denunciar o mal estado no que se atopa o piso da estrada que vai de Compostela ata a autovía Coruña - Lugo, pasando por Curtis. Ben é certo que arranxaron os 20 quilómetros finais dos 65, pero os primeiros son un martirio para os amortigüadores do meu coche. Aínda que é [...]
25-03-2007 » Na liña de sempre os señores do PP que tanto alardean da liberdade, á liberdade existente no eslogan "Una, Grande Y Libre" , recomendan agora facer boicot ao grupo PRISA, polas últimas declaracións de Polanco, nas que dicía que desexaba que existira un partido conservador no Estado Español de corte laico [...]
25-02-2007 » Se o que din é certo, Xavier deberías irte, e se menten pois que te vexa pelexar con unllas e dentes e os fagas calar. De todos os xeitos gobernar a Xunta non implica herdar os malos modos de Don Manuel (berrar aos subordinados e bailar coas vellas). Posto por MacLapfer
13-02-2007 » Estes días a candidata socialista a presidencia da república francesa tivo que facer un adianto do programa electoral para recuperar posicións nas enquisas respecto ao seu contrincante conservador. Dito programa contiña cen propostas de marcado carácter social. Non cabe dúbida que Segoléne quer captar o voto da xente da esquerda [...]
28-12-2006 » Non me gusta o modelo do sindicalismo do Estado Español, viven subvencionados do estado e nunca roen a man que lles da de comer evidentemente. So atenden pouco e mal aos traballadores das grandes empresas e aos funcionarios. Creo que o modelo debería estar enfocado doutro xeito para que isto non [...]
13-12-2006 » Aínda que non o creades hai xente que non pode calar sen perxudicarse, sempre teñen que dicir o que pensan, aínda sabendo que non é politicamente correcto. Se ven algo que non lles parece xusto, correcto, ético... como debe ser, sáltalles un resorte e teñen que protestar, amosar a súa [...]
08-12-2006 » Perdoade a miña insistencia con este tema, pero é que estou a ler cousas nalgún medio que me están a cabrear bastante. Agora parece ser que hai que xustificar a retirada da democracia participativa no BNG dicindo que existen moitos militantes que non participan nas asembleas locais e comarcais e que [...]
Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog
Multilingual Blogs

Crea o teu Blogue Gratis