
NireBlog noutros idiomas: ar|ast|br|ca|cy|de|en|es|eu|gl|oc|pt|pt_br|ru|zh|an|ga|ja|ko|tr|
07-09-2007 » Estou preocupado porque cada vez estou coñecendo máis xente que non quer nin oír falar da morte. Uns incluso teñen pesadelos cando isto ocorre. Houbo un tempo en que todos convivíamos con ela, e cos nosos mortos. Agora non, agora escondemos todo baixo a nosa alfombra particular, ninguneamos a [...]
29-05-2007 » Despois de actuar coa Casa Branca coas mans de ferro, agora reculan e aproban máis cartos dende o congreso para manter as tropas en Irak. Se temos en conta que o povo norteamericano votou aos demócratas hai uns seis meses para precisamente elaborar un calendario de retirada das tropas, teñen que sentirse na actualidade realmente [...]
19-05-2007 » Agora xa sei que se fixo coa miña aportación extraordinaria, nin o papa pode competir co noso "Rego móbil". Espertou tanta envexa que os de Conde Roa puxeron a quinta na procua do"vuelco electoral" que tanto necesitan. Os de Bugallo, son tan grises e previsíbeis que non temos nada que destacar. Supuño [...]
07-05-2007 » Nun discurso feito o 29 de abril polo noso flamante presidente neoliberal, autoritario e pro americano "Le petit Napoleón-Sarkozy". botou as seguintes perlas "Maio do 68 nos impuxo o relativismo intelectual e moral": "Os herdeiros do Maio do 68 impuxeron a idea do todo vale, onde non existía diferenza entre o [...]
25-04-2007 » Hoxe cúmprense 33 anos da revolución dos caraveis, eu non a recordo e MacLpafer vagamente, xa que era moi pequerecho, pero si se lembra de ver a tele un montón de militares con caraveis nos fusís e non entendía moi ben o que iso significaba. Casualmente o setembro pasado, estivemos na fortaleza de [...]
24-04-2007 » Quero denunciar o mal estado no que se atopa o piso da estrada que vai de Compostela ata a autovía Coruña - Lugo, pasando por Curtis. Ben é certo que arranxaron os 20 quilómetros finais dos 65, pero os primeiros son un martirio para os amortigüadores do meu coche. Aínda que é [...]
02-04-2007 » Esta é a pregunta que hoxe se fan en San Marcos despois de que onte á noite un veciño sufrira un atropelo mortal. Non é a primeira vez e sen nengunha dúbida non será a última. En pouco máis de dez anos tres persoas morreron atropeladas nun tramo de menos de douscentros metros. A pesar [...]
29-03-2007 » Onte nun acto organizado polo concello celebramos os días da árbore e da auga. Leváronnos a San Lázaro, onde había un contacontos, nos deron unha charla e nos agasallaron unha camiseta, un chuvasqueiro e un bocata cunha botella de auga. Tamén tiñamos que prantar árbores pero non puidemos por culpa da [...]
08-03-2007 » X era un neno ao que nunca lle dixeron non. Dende pequerrecho sempre lle consentiron todo. O seus pais entendían que a educación debía ser o máis permisiva posíbel, para non coartar a súa potencialidade coma ser humano. Que X quería iso, pois iso, que X quería aquel outro, pois [...]
28-12-2006 » Non me gusta o modelo do sindicalismo do Estado Español, viven subvencionados do estado e nunca roen a man que lles da de comer evidentemente. So atenden pouco e mal aos traballadores das grandes empresas e aos funcionarios. Creo que o modelo debería estar enfocado doutro xeito para que isto non [...]
Contactar | Quen Somos | Nireblog Planet
NireBlog
Multilingual Blogs

Crea o teu Blogue Gratis