18-12-2007 »
Un ano máis chega o nadal e aínda que non somos entusiastas destas datas os tres vos desexamos unhas Boas Festas e un próspero Ani Novo 2008.
MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.
24-09-2007 »
O outro día o Trasno foi a un parque cun amigo a xogar ao balón. O Trasno levaba unha gorra do barça e o seu amigo unha camiseta do atlétic de Bilbao, o caso foi que cando pasaron ao carón doutros nenos que tamén estaban a xogar un partidiño, estes [...]
29-03-2007 » Onte nun acto organizado polo concello celebramos os días da árbore e da auga.
Leváronnos a San Lázaro, onde había un contacontos, nos deron unha charla e nos agasallaron unha camiseta, un chuvasqueiro e un bocata cunha botella de auga. Tamén tiñamos que prantar árbores pero non puidemos por culpa da [...]
17-03-2007 »
Where is the party? é unha obra que fomos ver co colexio, moi divertida. Recomendoa a todos.
Vai dunha persoa andaluza que vai buscar o seu irmán que vai facer unha festa en Londres, e pásanlle cousas moi divertidas, xa que se producen moitas situacións que dan lugar a equívocos.
Posto polo [...]
30-01-2007 »
O outro día fumos os tres ó cine a ver esta peli, a mín gustoume moito. Ben Stiller e Owen Wilson son os mellores actores do mundo, río moito con eles.
O que máis me gustou da película foron os efectos especiais, sobre todo o simpático dinosaurio. A personaxe de Owen [...]
19-01-2007 »
Hoxe no almorzo contoume o trasno, que el e o seu grupo de amig@s, lle chaman á materia de "coñecemento do medio" "Cemento do medio". Tal como están as cousas co tema do urbanismo hoxe en día pois a verdade fíxome ben graza.
Infancia, cando a creatividade e o inxenio [...]
07-01-2007 » Libro: Marea negra. Editorial A nosa terra.
Recomendo este libro porque foi un dos que mais me gustou dos que lin no seu día. Por que é unha fábula sobre a traxedia do prestige que tivemos en Galiza e que tranquilamente pode volver a pasar calquera día.
Libro: O Trasno da [...]
11-11-2006 » Ola son trasno,
Teño 10 anos, vou en quinto de primaria e decidín compartir este blogue cos meus pais. Eu terei este rincón, a ver como sae.
Trasno.