25-05-2007 » Esta noite fun ao muíño
cun fato de nenas novas;
elas todas en camisa,
eu no medio en cirolas.
O muíño, teina, teina,
a auga faino teinar,
a filla do muiñeiro
rabea por se casar.
Cásome contigo, vello,
e se me fas un recibo
que se non me morres hoxe,
mañá entérrote vivo.
Ao tocar a pandeireta
xa gañei cinco reás,
agora xa gañei [...]
25-05-2007 » Diante destes señores
e desta xente de ben
quixera eu preguntar:
¿”este galán a que vén”?
A que vén eu cho direi,
non che negarei verdade,
vénche por pasar a noite
que é tempo de mocidade.
A resposta xa está dada,
mozo que tan ben a deches,
se non sabes o camiño
volve por onde viñeches.
O camiño ben o sei
xa [...]