15-07-2008 » Teño nas mans a versión española do libro Into the Wild (Edicións B, colección Zeta Bolsillo), de Jon Krakauer, no que se baseou a película homónima dirixida por Sean Penn. Ambos, libro e filme, estreáronse nestes lares como Cara a rotas salvaxes. Os dous devoreinos coa paixón que me merecen [...]
27-05-2008 » Veño de ler unha das sensacións literarias da temporada: O neno do pixama a raias, do irlandés John Boyne, publicada en galego por Faktoria K de libros e traducida por Daniel Saavedra. Antes de proseguir, direivos que o autor deu orde de que nas lapelas do libro non se adiantase [...]
12-05-2008 » ¿Sentiches algunha vez a chamada dun libro? A min tenme pasado. A última vez aconteceume con La invención de Hugo Cabret, de Brian Selznick (East Brunswick, New Jersey, 1966). Foi na libraría Parrado, hai uns meses. Estaba a ollar distraidamente os expositores, cando tropecei co lombo desta obra. De socato, [...]