27-10-2008 »
A globalización ten miríades de paradoxos. Moitos deles brutais, inhumanos, pura expresión do peorciño que hai nos seres humanos. Outros, son simple anécdota á que se lle pode sacar o chiste. Dentro destes últimos habería que encadrar a curiosidade coa que me atopei nos andeis do Froiz. [...]
14-10-2008 » Hai pouco, souben dunha nova atroz para a miña tribo. O caso é que a alguén moi achegado, que canda neno me collía no colo para cantarme “La vaca lechera”, lle veñen de diagnosticar a enfermidade de Alzheimer, esa doenza que estoupa nun e se leva canda si [...]
08-10-2008 » Estes días, o Breixo e máis eu visitamos a Biblioteca de libros fantásticos, unha deliciosa e alucinante colección de medio cento de volumes que Carme Domech, da Compañía de Títeres Cachirulo, vén atesourando dende 1986. Paga a pena demorarse na historia que cada un destes singulares códices nos [...]
28-09-2008 » A semana pasada descubrín, cun pouco de abraio e moita sorpresa, que ao compañeiro Eduardo Estévez roubáronlle o premio de poesía González Garcés que gañara co poemario Construcións. Polo que sei, o finalista, Xavier Lama, recorreu o fallo do xurado ao saber que parte dos poemas premiados publicáranse [...]
24-09-2008 » Inauguro con este post unha sección á que vou bautizar como Vidas senlleiras, título dun feixe de contos de Darío Xohán Cabana co que o autor de Roás se fixo coa única edición ata a data do premio mellor dotado na historia das letras galegas, o Cidade de [...]